A cámara compacta JVC Everio X GZ-X900 permite gravar vídeo Full HD

mércores, 4 de marzo do 2009 Marcus Fernández

JVC renovou a súa liña de cámaras Everio X co modelo GZ-X900, que optimiza o seu funcionamento para a gravación de vídeo en alta definición cunha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles (Full HD), así como para tomar ata 15 fotografías de 9 Mpíxeles por segundo ou 60 fotografías por segundo a 5,1 Mpíxeles. Tamén conta con funcións para a realización de filmacións máis creativas con vídeo en cámara ultra-lenta (600 fotogramas por segundo).
Todo isto nun dispositivo que pode gardarse no peto e que sairá á venda en xuño, aínda que a un prezo bastante elevado (uns 1.000 dólares).

PUBLICIDADE