A canle de descarga de xogos para Wii chegará ó Xapón a finais de mes
martes, 11 de marzo do 2008
A Nintendo Wii inaugurará
o vindeiro dÃa 25 no Xapón unha canle de descargas que se chamará WiiWare e
que completará a oferta da Consola Virtual, pero sen limitarse a adaptacións de
xogos clásicos doutras plataformas, senón que servirá para achegar novos xogos
feitos directamente para a Wii.
Os xogos venderanse a prezos que van dende os 500 ós 1.000 Wiipoints e os
primeiros tÃtulos en incorporarse a esta plataforma serán Okiraku Ping-Pong
Wii, Word Puzzle Mojipittan Wii, Sakusaku Animal Panic, Star Soldier R, My Life
As A King: Final Fantasy Crystal Chronicles, Angel’s Solitaire, Dr. Mario &
Bacillus Extermination, Everybody’s Pokemon Ranch e Lonpos.
O lanzamento
de WiiWare para EE.UU. será e maio, e aÃnda non coñecemos a data na que
chegará a Europa baixo a marca Wii Software.