A canle municipal de Muros en WhatsApp xa conta con 500 seareiros
xoves, 10 de outubro do 2024
O Concello de Muros fixo balance do seguimento acadado pola súa canle de WhatsApp, Muros Hoxe, posta en marcha para achegar a actualidade local á cidadanÃa, estreitar a comunicación coa veciñanza e, tamén, fomentar a participación na vida municipal. Segundo se fai saber no balance, xa son 500 os veciños que seguen a actualidade do Concello a través desta canle tecnolóxica.
Dende o Goberno local explican que entre as novidades que se envÃan a través de mensaxes no WhatsApp figuran as convocatorias, a axenda de actividades, os avisos urxentes e as últimas iniciativas municipais, entre outras informacións. As persoas que queiran facer uso deste servizo poden agregar o número 626 86 12 70 á súa listaxe de contactos e enviarlle unha mensaxe coa palabra ALTA.
O servizo trátase dunha lista de difusión, polo que os usuarios non terán acceso aos datos ou información do resto dos rexistrados na canle de WhatsApp.