A caravana tecnolóxica de R percorrerá Galicia amosando os seus servizos

venres, 22 de maio do 2026 Redacción

R iniciará a vindeira semana unha xira por Galicia cunha caravana Airstream convertida en oficina móbil e espazo de demostración tecnolóxica. A iniciativa arrancará o martes en Ortigueira e Cariño, onde permanecerá ata o 30 de maio, para continuar despois por Betanzos, As Pontes, Celanova, Ribadavia, Barbadás, Caldas, Ordes, Arzúa, Melide, A Estrada e Cambados.
O operador de telecomunicacións pretende achegar presencialmente os seus servizos a vilas nas que non sempre dispón de tenda física, apostando polo contacto directo coa cidadanía mediante unha experiencia que combina información comercial, demostracións tecnolóxicas e actividades lúdicas.
Durante a ruta será posible coñecer propostas como o servizo internet rural, que emprega conectividade 5G e Wi-Fi 6 para ofrecer banda larga en zonas ás que non chega a fibra óptica. A solución xa está dispoñible en 296 municipios galegos e permite velocidades de ata 1 Gbps.
A compañía tamén promocionará cachocobertura R, unha solución orientada a mellorar a cobertura móbil en inmobles con dificultades estruturais para recibir sinal, como edificios antigos, locais interiores ou sotos. O sistema baséase nun repetidor autoinstalable tipo femtocelda. Xunto a isto, VoWiFi permite realizar chamadas empregando redes wifi cando a cobertura móbil é insuficiente.
O interior da caravana servirá tamén para amosar dispositivos do fabricante vivo, socio tecnolóxico da acción, cunha oferta especial dispoñible unicamente durante a ruta e xestionada desde o propio vehículo.
A proposta incluirá distintas actividades promocionais, como xogos cunha máquina de aire que permitirá conseguir premios directos e participar no sorteo dun smartwatch de Vivo. Ademais, haberá concursos en redes sociais para anticipar as seguintes paradas da caravana e xerar expectación arredor do percorrido.