A cativada galega poderá conectarse con Papá Noel a través da rede CeMIT
martes, 9 de decembro do 2025
Un total de 885 escolares de educación infantil de 18 concellos galegos terán a oportunidade de trasladarlle en directo as súas peticións de Nadal a Papá Noel grazas ao sistema de videoconferencias das aulas CeMIT, presentes en todas as comarcas de Galicia. Un ano máis, a rede conectará aos máis pequenos con Laponia entre o 9 e o 18 de decembro.
O Colexio Sagrado Corazón de Celanova será o primeiro en participar nesta iniciativa, que botará a andar o vindeiro luns ás 10:00 horas. Cada conexión estenderase durante arredor de media hora e desenvolverase nas aulas CeMIT dos concellos implicados.
Percorrido por toda Galicia
Entre o 9 e o 18 de decembro, está previsto que se conecten con Laponia as aulas CeMIT de Abegondo, O Barco, Barreiros, Betanzos, Boborás, Boiro, A Cañiza, Carballo, Castrelo de Miño, Celanova, Fisterra, A Fonsagrada, Ortigueira, Santa Comba, Valga, O Vicedo, VilagarcÃa e Vimianzo, completando asà as 18 localidades participantes. En total celebraranse 33 sesións que permitirán a 885 nenos e nenas vivir esta experiencia virtual.
Esta actividade, que alcanza xa a súa décimo oitava edición e goza dunha ampla acollida por parte da comunidade educativa, procura favorecer un contacto directo entre Papá Noel e os máis pequenos, que poden conversar con el poucos dÃas antes da Noiteboa e compartir as súas ilusións e desexos.
Ademais do alumnado de infantil, tamén se sumarán a esta proposta usuarios adultos con discapacidade intelectual do Centro Ocupacional Aspromor de Ortigueira e do Centro de Educación Especial Lenda Educativa de Carballo, que igualmente poderán expresarlle a Papá Noel os seus agasallos desexados.
Con iniciativas como esta, a rede CeMIT da Xunta de Galicia busca consolidar estes espazos multimedia como lugares de encontro nos municipios, ao tempo que amosa o potencial das súas tecnoloxÃas de comunicación e promove o seu uso entre a cidadanÃa.
