A ciberseguridade centrará un novo faladoiro dixital do CPEIG
mércores, 14 de setembro do 2016
O vindeiro 21 de setembro
celebrarase un novo faladoiro dixital organizado polo Colexio Profesional de
Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) co apoio da AMTEGA dentro da campaña de divulgación e difusión de
novos perfís profesionais na era dixital.
O encontro, que abordará a ciberseguridade coa participación de expertos na
materia, desenvolverase no Edificio CINC da Cidade da Cultura en Santiago de
Compostela, de 9:45 a 14:00 horas, comezando coa benvida institucional a
cargo do presidente do CPEIG, Fernando Suárez, a quen ás 10:15 horas seguirá Susana
de la Fuente, coordinadora de Xestión do Talento do Instituto Nacional de
Ciberseguridade de España (INCIBE).
Tras un breve descanso, ás 11:30 horas. abordaranse
boas prácticas en ciberseguridade, cos casos de Adolfo Domínguez e a adega Pepe&Lola como exemplos. Por parte da
empresa téxtil falará Pablo Aranda, responsable de Microinformática
de Adolfo Domínguez, e en representación da adega intervirá Carlos Rodríguez,
responsable de Proxectos TI. Ás 12:30 horas celebrarase un debate entre todos
os relatores, aberto tamén á participación das persoas asistentes.
As persoas interesadas en
acudir ao faladoiro poden inscribirse
xa de balde vía web.