A cidadanÃa de Narón poderá formarse este mes en deseño gráfico con Canva
martes, 4 de xaneiro do 2022
A
aula
Cemit de Xuvia (Narón) acollerá un novo curso de Deseño gráfico
con Canva. A concelleira de Formación e Novas TecnoloxÃas,
Natalia Hermida, informou da apertura, este luns 3 de xaneiro, do
prazo de inscrición desta acción formativa, indicando que se poden
anotar as persoas interesadas a
través da web da Rede CeMIT. En total hai nove prazas que se
cubrirán por orde de inscrición, tal e como se indica dende a
citada plataforma.
O
curso impartirase do 10 ao 19 de xaneiro (32 horas en total), nas
instalacións da aula Cemit de Xuvia, en horario de 16.00 a 20.00.
Edición de fotos con Canva, creación dun libro virtual, dun deseño
con formato personalizado, creación de logotipos, infografÃas,
menús para restaurantes e cafeterÃas, cabeceiras para Youtube,
miniaturas, pósters, publicacións para redes sociais e tarxetas
profesionais forman parte dos contidos que se abordarán na
convocatoria.
A
edil naronesa animou á cidadanÃa a inscribirse nesta convocatoria
para incrementar os seus coñecementos en deseño gráfico a través
do programa Canva, que ofrece múltiples posibilidades.
