A cidadanÃa de Padrón poderá mellorar a súa empregabilidade con formación tecnolóxica
martes, 26 de agosto do 2025
O Concello de Padrón vai comezar o curso cunha nova actividade formativa de balde dirixida a persoas inscritas como demandantes de emprego en Emprego Galicia. Será un programa centrado en fortalecer a empregabilidade das persoas asistentes con competencias dixitais.
A formación contará con tres niveis (básico, intermedio e avanzado) e permitirá adquirir coñecementos clave en busca e xestión da información dixital, creación de contidos, comunicación en liña, resolución de problemas e seguridade na rede.
Cada persoa participante obterá un tÃtulo oficial acreditativo e unha vez superada a formación, recibirá ademais un computador portátil de agasallo.
A primeira xuntanza informativa será o 1 de setembro ás 10.30 horas na Aula CeMIT (rúa Mollet del Vallés 4-6, Padrón).
O curso de nivel avanzado desenvolverase do 15 de setembro ao 26 de novembro en horario de 16:00 a 21:00 horas.
Máis información e inscricións na web Dixigalizate.es e no teléfono 604 039 575.
