A cidadanía de Ponteareas poderá formarse en trámites por Internet a partir do 23

xoves, 19 de novembro do 2020 S. P.

A Concellaría de Cultura de Ponteareas organiza un curso de Certificado dixital e xestión e trámites mediante Internet no que poden participar 15 persoas. A actividade formativa ten como obxectivos dar a coñecer o funcionamento do correo electrónico Gmail, aprender a obter un certificado dixital e as súas funcións e, tamén, saber diferenciar entre o certificado dixital e o DNI electrónico. O curso, que se imparte totalmente de balde, terá unha duración de 30 horas e impartírase a partir do 23 de novembro ata o 18 de decembro a través da plataforma Google Classroom. Á súa finalización entregarase un certificado de asistencia.
Entre os contidos concretos a impartir, o alumnado aprenderá a navegar e realizar trámites cos sitio web do Concello, Xunta de Galicia, SERGAS, SEPE... e outras entidades con presenza online co fin de familiarizarse coas páxinas dos diferentes servizos públicos e para coñecer os tipos de trámites se poden facer a través de Internet. “Estes contidos permitirán coñecer as vantaxes de realizar trámites en liña coas administracións e coas empresas privadas, ademais de aprender a empregar os certificados dixitais para relacionarse de xeito seguro coas administracións públicas e nas xestións online do día a día”, afirma Fernando Groba Bouza, concelleiro de Cultura.

PUBLICIDADE