A cidadanÃa de Porto do Son poderá formarse en trámites en liña coa Administración o 11 e o 20 de xuño
xoves, 6 de xuño do 2024
O Concello de Porto do Son, no marco do programa INECO Rural TIC, organiza este mes de xuño unha actividade formativa para facilitar a relación (comunicacións, trámites, operacións, consultas), pola vÃa tecnolóxica, da veciñanza coas entidades públicas. En concreto, o curso Trámites online coa Administración permitirá participantes coñecerán e porán en práctica aspectos esenciais para relacionarse coas entidades públicas a través das novas ferramentas (computadores, dispositivos móbiles, Internet).
Contidos
Mecanismos de identificación (DNI electrónico, certificado dixital, chave permanente, etc).
Acceso a sedes electrónicas de diversas Administracións (SEPE, AEAT, Seguridade Social, Concellos, etc)-
Principais trámites electrónicos (Cita previa, presentación de solicitudes, etc.).
Para favorecer a participación de todas as persoas interesadas, este curso desenvólvese en dúas quendas:
-11 de xuño de 9:30h a 11:30h
Viveiro de Empresas de Porto do Son
-20 de xuño de 16:30h a 18:30h
Viveiro de Empresas de Porto do Son
As inscricións cómpre facelas a través do enderezo maria.santos.lemina@portodoson.gal
(indicando o nome completo, DNI e teléfono de contacto).
Quen desexe máis información, tena ao seu dispor na web municipal de Porto do Son.