A cidadanía de Sada poderá formarse a partir de setembro en Write avanzado e Calc

xoves, 4 de agosto do 2022 S. P.

A Aula CeMIT do Concello de Sada acollerá verios cursos formativos de tecnoloxías durante os meses de outubro e setembro, actividades que teñen arestora aberta a inscrición. Trátase de dous obradoiros centrados no Tratamento de Textos Write Avanzado e na Folla de Cálculo Calc Básico. O segundo deles celebrarase entre o 17 de setembro e o 8 de outubro, na Aula CeMIT de Sada. Será de nivel medio e achegará 10 prazas e 10 horas de contidos. O temario inclúe unha introdución ás follas de cálculo; aos formatos de celas, filas e columnas (cor, tipo de datos, bordos, dimensións etc.); e aos filtros e ordenación dos datos, entre outros contidos.
O curso de tratamento de textos Write avanzado desenvolverase entre o 17 de setembro e o 8 de outubro, con 10 prazas e 20 horas de contidos. Inclúe os seguintes contidos: configurar páxina, cabeceira e rodapé, como crear notas ao rodapé, crear seccións determinadas do documento, traballos con textos en columnas, traballar con documentos grandes, tabulacións, construción de modelos, táboas, personalización de barra de ferramentas, viñetas en numeración, caixas de texto, quebras manuais e de páxina e inserción de campos predefinidos.
Entre o 2 e o 31 de outubro celebrase unha nova edición do curso de tratamento de textos Write avanzado.

PUBLICIDADE