A cobertura da telefonÃa móbil 5G de verdade segue a ser moi deficiente
venres, 6 de xuño do 2025
O último Informe de Cobertura de Banda Larga en España, presentado polo Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, recolle que oito de cada dez residentes en zonas rurais xa dispoñen de cobertura 5G, unha cifra que supón triplicar os valores rexistrados no ano 2021, cando apenas o 26 % tiña acceso a esta tecnoloxÃa. Só no último ano, a cobertura rural medrou 11 puntos porcentuais.
O ministro Óscar López salientou que España é referente europeo en conectividade grazas á cooperación público-privada. Comparou a situación con Alemaña, onde en determinadas zonas de Baviera aÃnda non se alcanza o 20 % de cobertura 5G, e defendeu que o Goberno español aposta pola cohesión territorial: «Estamos construÃndo unha rede sen fendas dixitais».
Este progreso sostense nos investimentos realizados a través do programa UNICO 5G Redes Activas, que destinou preto de 670 millóns de euros en 2024 a impulsar a despregadurade 5G Stand Alone (SA), especialmente en municipios de menos de 10.000 habitantes e con foco na banda de 3,5 GHz.
No conxunto do territorio, a cobertura móbil 5G acada o 96 % da poboación, cun incremento interanual de máis de 3,5 puntos e unha suba total de 37 puntos desde 2021.
O informe tamén amosa avances cara aos obxectivos da Década Dixital 2030 da Comisión Europea. España supera o 90 % en tres indicadores clave: redes fixas de alta capacidade con velocidades de ata 1 Gbps (94 %), cobertura por fibra óptica (95 %) e cobertura 5G global (96 %). En zonas rurais, a cobertura fixa a velocidades de 1 Gbps chega ao 84 % dos fogares.

- Consultar por parcela as compañÃas que ofrecen fibra de seu pode resultar de grande utilidade
A despregadura de fibra óptica tamén avanza a bo ritmo grazas ao programa UNICO Banda Larga, que entre 2021 e 2024 canalizou 647 millóns de euros. Estes proxectos seguen en execución e permitirán ampliar aÃnda máis a cobertura.
Pola súa banda, a cobertura 5G nas bandas prioritarias de 3,4-3,8 GHz medrou 16 puntos no último ano e alcanza o 74 % da poboación. No rural, a banda de 3,5 GHz chegou ao 23 % da poboación, cun aumento de máis de 12 puntos porcentuais.
O informe complétase con mapas interactivos de cobertura de banda larga, tanto fixa como móbil, que permiten realizar consultas ata nivel de parcela catastral ou municipio. Ademais, por vez primeira, publÃcanse mapas cos servizos dispoñibles nunha localización concreta e os operadores que os ofrecen, xunto con datos reutilizables desde o ano 2013.
A 5G segue a ser unha promesa en Galicia

- A cobertura da 5G SA en Galicia non pasa de ser anecdótica
A consulta destes mapas en Galicia pode resultar de grande utilidade, xa que podemos comprobar a nivel de parcela os operadores que dan cobertura de fibra óptica (información moi práctica para localizar as mellores ofertas dispoñibles) e tamén podemos comprobar a situación actual das coberturas de banda larga fixa e móbil nos distintos núcleos de poboación, resultando especialmente rechamante a mala situación da 5G SA (considerada como a rede 5G de verdade) que estarÃa completamente ausente na provincia de Ourense e limitarÃa a súa presenza ao 23,11 % da poboación principalmente por estar presente nas cidades de Vigo e A Coruña. Dado que esta tecnoloxÃa só está dispoñible a través dalgún operadora, poderiamos asegurar que a presenza da 5G SA en Galicia é anecdótica, o que pode resultar frustrante, xa que levamos moitos anos escoitando falar das vantaxes da 5G, especialmente para o rural, e ver que na nosa comunidade non pasa de promesa, mentres nos animan a adquirir smartphones con 5G que na nosa comunidade estarÃan lonxe de poder aproveitarse tecnicamente.
