A comarca de Ferrol achega ás mulleres formación en reparación de móbiles e xestión de comunidades virtuais
mércores, 9 de agosto do 2023
O
Programa
Integrado de Emprego (PIE) da Mancomunidade de Concellos da Comarca
de Ferrol achegou un novo prazo de inscrición para a súa formación
dirixida a mulleres desempregadas dos municipios da bisbarra. En
concreto, quedan vacantes para os para os itinerarios de Cociña
(Cociña colectiva e Cociña vexetariana), Reparación
de teléfonos móbiles e Agricultura ecolóxica. Poden
inscribirse mulleres dos seguintes concellos: Ares, Cabanas,
Cedeira, Fene, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño.
Así
mesmo, aínda que se iniciou hai uns días, aínda é posible
anotarse na especialidade de Xestión de comunidades virtuais,
do itinerario de Community Management. Á parte da formación
sinalada, o Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade de
Concellos da Comarca de Ferrol ofrece a posibilidade de realizar
outras accións formativas que axuden ás usuarias a aumentar a súa
empregabilidade: obradoiros de técnicas de busca de emprego,
manipulación de alimentos, alfabetización informática e Internet,
conversa en inglés, redes sociais e dispositivos dixitais,
ferramentas de adestramento (coaching), entrevistas de
selección de persoal e habelencias sociais.
As
inscricións poden tramitarse a través dos números de teléfono 613
108 530 ou 613 108 535 e tamén do correo electrónico
piemancomunidade@ferrol.es. As participantes recibirán unha bolsa
consistente en 7 euros por día de asistencia ás accións formativas
do programa e contarán con medidas favorecedoras da conciliación no
caso de ser preciso.
O
obxectivo do Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade de
Concellos da Comarca de Ferrol 2022/2023 é “achegar ferramentas ás
participantes de xeito que melloren a súa empregabilidade e logren a
inserción laboral”. Entre os obxectivos cuantitativos está o de
acadar un mínimo do 35% de inserción laboral das persoas
participantes, feito para o que se combinan as diferentes accións
formativas.