A comarca de Santiago impulsará o galego nas TIC con novas axudas de PolÃtica LingüÃstica
mércores, 31 de xullo do 2019
- Ovidio Rodeiro, esta mañá, na clausura dun obradoiro de emprego en Melide
PolÃtica
LingüÃstica deu a coñecer este mes de xullo novas axudas para
promover o galego, poñendo o foco na mocidade e, tamén, nas
ferramentas de comunicación que teñen máis popularidade entre as
novas xeracións: as ferramentas tecnolóxico-dixitais. Desta
volta, as subvencións consisten nunha ducia de apoios para concellos
da comarca de Santiago. A resolución destas contribucións de
PolÃtica LingüÃstica foi dadas a coñecer polo delegado
territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro.
Un
total de 13 concellos de Santiago e a mancomunidade de Ordes
recibirán ditas axudas, que se distribúen entre as entidades locais
que as solicitaron, ben a tÃtulo individual, ben agrupadas con
outras, até acadar os 3.000 habitantes mÃnimos que esixÃa a
convocatoria.
Con
esta iniciativa, as entidades beneficiarias prestarán á poboación
servizos lingüÃsticos baixo algunha das tres modalidades obxecto de
subvención: a creación dunha unidade técnica de traballo, o
mantemento das xa existentes ou a implementación de programas de
dinamización lingüÃstica.
A
contÃa asignada a esta comarca é de máis de 50.000 euros.
Con
esta resolución, créanse dous novos servizos lingüÃsticos e
apóiase a continuidade da actividade doutras 35 unidades técnicas
de traballo que lles dan cobertura a un total de 42 concellos en
Galicia.
Segundo
explica PolÃtica LingüÃstica, as subvencións contribúen ao
financiamento de diferentes programas de dinamización en 35
municipios que reciben a axuda para desenvolver actividades ou
campañas de promoción do uso do galego, en concreto aquelas que
redunden nos ámbitos da perspectiva de xénero e da igualdade, dos
servizos sociais, do tecido económico e empresarial, do deporte, das
novas TecnoloxÃas da Información e a Comunicación (TIC) e da
mocidade, en consonancia co Plan de dinamización da lingua galega no
tecido económico 2016-2020 que está a desenvolver a Xunta de
Galicia e co Plan de dinamización da lingua galega na mocidade
2019-2022 que a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica
presentou recentemente no Parlamento de Galicia.