A comunidade de Steam dá a luz verde a Zombeer

xoves, 31 de outubro do 2013 Marcus Fernández

O estudo galego de videoxogos Moonbite Games leva bastante tempo traballando no que será a súa grande creación, Zombeer, xogo de acción en primeira persoa no que haberá que enfrontarse a unha ameaza de mortos viventes á vez que o protagonista ten que consumir zomBeer para evitar espertar o virus zombi do que tamén está infectado, e que dende outubro do ano pasado aspira a publicarse na plataforma de descargas para PC Stream, e finalmente figura entre o cento de xogos que vén de aprobarse dentro da iniciativa Steam Greenlight grazas ao apoio da comunidade de xogadores de Steam, polo que pronto poderemos gozar deste título.
Aparte de PC e Mac, o xogo de Moonbite tamén pretende comercializarse en formato descargable para PlayStation 3, e nos pasados días adiantaron dende o estudio que a versión para a consola de Sony xa está finalizada, polo que xa queda cada vez menos para que esta longa creación nacida en Galicia poida chegar ás nosas pantallas.


Último trailer do xogo

PUBLICIDADE