A consola portátil Razer Edge chega a Europa
mércores, 2 de agosto do 2023
O ano pasado Razer
presentou unha consola portátil baseada en Android, cun deseño moi semellante
ao da Nintendo Switch, pero cunha potencia moi superior, polo que resulta
interesante para gozar dos xogos para Android máis potentes e tamén para gozar
dos servizos de xogo na nube e xogo remoto.
Até o momento a Razer Edge non
estaba dispoñible en Europa, pero a espera xa rematou, e podemos
adquirir este dispositivo a un prezo de 499,99 euros, aÃnda que a un prezo
tan elevado non parece que vaia haber moitos xogadores que poidan xustificar
tal investimento.
A Razer Edge vén a ser unha tableta con Android que funciona cun potente
procesador Qualcomm Snapdragon G3x Gen 1, que integra o accesorio Razer Kishi
V2 Pro (que engade controis fÃsicos), e que como grande diferenza fronte a
dispositivos como a popular Steam Deck ou a Nintendo Switch ten que a súa
pantalla de 6,8 polgadas ten unha resolución Full HD+ e unha velocidade de
refresco de 144 Hz, polo que pode ofrecer experiencias e xogo en mobilidades de
grande calidade (especialmente cando empregamos servizos de xogo na nube que
permiten gozar de xogos en alta definición).