A consola portátil ZX Spectrum Vega+ non verá a luz até febreiro
venres, 23 de decembro do 2016
Cada
vez é máis frecuente desconfiar de certos proxectos de micromecenado ante o
risco que supón apoiar a iniciativas emprendidas por persoais sen experiencia
que finalmente non completan o produto desexado en tempo e forma, de xeito que
os mecenas desesperan por mor dos adiamentos das súas recompensas á vez que
critican problemas de comunicación e falta de transparencia por parte de promotores
que parecen abusar da fórmula do crowdfunding
para coller os cartos e dilapidalos sen control.
Dentro dos proxectos de micromecenado máis accidentados dos últimos anos hai
varios relativos á informática retro e ao mundo do ZX Spectrum, e o último
destes, o que pretendÃa crear unha
consola portátil coa estética dos clásicos Spectrum de Sinclair, a Sinclair ZX
Spectrum Vega+, non é unha excepción, e despois de cobrar 100 libras
esterlinas a 3.018 mecenas aos que prometeron entregarlles unha destas consolas
portátiles cun milleiro de xogos de Spectrum precargados no pasado mes de
setembro, temos que o proxecto foi rexistrando unha acumulación de incidencias
para xustificar adiamentos, decepcionando aos moitos que querÃan facer deste
produto un agasallo para o Nadal, e anunciando que finamente non
iniciarán o envÃo das ZX Spectrum Vega+ até o mes de febreiro.
Dentro dun par de meses saberemos se realmente este proxecto que busca manter vivo
o legado de Sir Clive Sinclair consegue ser unha realidade que satisfaga aos
moitos entusiastas deste clásico da informática de 8 bits.