A directora da AMTEGA dá conta dos obxectivos en banda larga ultrarrápida para Galicia
xoves, 12 de abril do 2018
O
Plan de Banda Larga da Xunta volve subir un novo chanzo. O obxectivo
deste no impulso é dotar de acceso a Internet a través de redes
ultrarrápidas ao máis de 74.000 galegos de 181 concellos. Esta
nova actuación, debullada hoxe nos seus detalles pola titular da
axencia autonómica AMTEGA, Mar Pereira, abrangue unha liña de
axudas de 14,2 millóns de euros, co-financiados co Fondo Europeo
Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), a Telefónica de España.
O operador resultou beneficiario da convocatoria de axudas, en réxime
de concorrencia competitiva, lanzada pola axencia AMTEGA en xaneiro
no marco do Plan de Banda Larga de Galicia 2020.
Segundo
sinalou Mar Pereira, con este investimento (que cubre o 90% dos
custes dos despregues) a operadora de telecomunicacións facilitará
o acceso a redes de 100 Mbps a través de fibra óptica a 74.400
veciños de 181 concellos das catro provincias galegas no prazo de
dous anos. Esta actuación céntrase en núcleos de menos de 300
habitantes e, segundo indica AMTEGA, complementa á que ten en marcha
o Estado, que beneficiará a outros 258.000 galegos de núcleos de
maior tamaño, grazas a un investimento público de 21 millóns de
euros de Fondos FEDER.
Ademais,
o Estado anunciaba eses día a posta en marcha do Plan 300x100 para
estender fibra óptica ao 100% dos núcleos de poboación en 2021 cun
investimento de 525 millóns de para o período 2018-2021.
En
termos concretos, as actuacións en marcha da Xunta e o Estado
diríxense a achegar a seguinte realidade: que no 2020 máis de
332.000 galegos que hoxe viven nas zonas brancas de 258 concellos,
teñan acceso a redes ultrarrápidas. “Así, en dous anos, máis do
74% do galegos poderán acceder a internet de alta velocidade”,
explican fontes de AMTEGA, engadindo que “esta porcentaxe
incrementaranse con novas convocatorias anunciadas polo Estado. O
Consello de Ministros do día 23 de marzo aprobou axudas para 2018
cun importe de 150 millóns de euros para toda España.
A
subvención aprobada é a terceira liña de actuación do Plan de
Banda Larga da Xunta, que se suma á de polígonos e á de axudas á
empresas illadas do rural.
En
colaboración con R, beneficiario doutra liña de axudas de 3,4
millóns de euros co-financiados con FEDER, a Xunta completará este
ano a conexión de 81 polígonos industriais a redes de ata 350 Mbps,
que sumados aos que xa contan con redes ultrarrápidas serán un
total de 130 superficies empresariais.
Por
outra banda, máis de 30 empresas de zonas illadas das catro
provincias puideron conectarse a rede de entre 50 e 350 Mbps grazas á
outra liña de axudas do Plan con case 400.000 euros tamén
co-financiados con FEADER.
Cómpre
lembrar tamén que, en colaboración co Estado, estase a desenvolver
a iniciativa Escolas Conectadas, cuxo adxudicatario Orange, está a
completar os traballos para dotar a máis de 800 centros educativos
públicos con redes de máis de 100 Mbps. Unha vez rematada esta
actuación, nos vindeiros meses, o 100% dos centros públicos de
primaria e secundaria terán acceso a redes ultrarrápidas.
