A directora da AMTEGA destaca a importancia da ciberseguridade para protexer os servizos públicos
venres, 10 de novembro do 2017
A transformación dixital converteu a ciberseguridade nun elemento inherente ao funcionamento de empresas e institucións, que precisan perfÃs cun alto grao de especialización para implementar os seus plans de seguridade. Durante a inauguración da xornada Intelixencia e Ciberseguridade, que se celebra hoxe na Coruña a directora da AMTEGA, Mar Pereira, acompañada polo director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, sinalou que a Administración autonómica busca «ofrecer máis e mellores servizos dixitais pero tamén dinamizar o seu uso, xerando un clima de confianza, que require da colaboración conxunta de gobernos, corpos e forzas de seguridade e sector tecnolóxico».
Alta demanda de perfÃs especializados
En 2016 o Instituto Nacional de Ciberseguridad (INCIBE)
contabilizou 115.000 incidentes informáticos a empresas e particulares en
España, un 130% máis que os 50.000 rexistrados o ano anterior. Esta estatÃstica
sitúa a España como o terceiro paÃs máis atacado do mundo, tras Estados Unidos
e Reino Unido. Para afrontar esta realidade, as organizacións públicas e
privadas precisan de perfÃs cun alto grao de especialización difÃciles de
atopar.
A Unión Europea calcula que en 2025 haberá unha carencia de
825.000 perfÃs tecnolóxicos, que continuará aumentando se non e toman as
medidas para paliala. Desde a Xunta apóstase pola colaboración conxunta entre
administracións, universidades e sector TIC para captar talento tecnolóxico.
Adaptación ao novo Regulamento Europeo
Un dos retos actuais para empresas e administracións
públicas é a adaptación ao novo Regulamento Europeo de Protección de Datos, que
entrará en vigor en maio de 2018. Esta lei que incorpora novos dereitos para os
cidadáns como o dereito ao esquecemento, o consentimento expreso ou a
portabilidade dos datos e implica un maior compromiso das organizacións
públicas e privadas coa protección de datos.
A Administración autonómica está a abordar este proceso no
marco do Plan Director de Seguridade TIC da AMTEGA. Nos dous últimos anos as
medidas deste Plan incrementaron a capacidade de prevención, detección e
reposta ante incidentes de seguridade e facilitaron unha maior colaboración cos
corpos e forzas de seguridade do Estado, achegando información de valor para
axudar na investigación de posibles de delitos relacionados co ciberespazo. O
Plan incide ademais na concienciación dos empregados públicos, cuxa implicación
é fundamental no proceso transformación dixital da Administración.