
Creativatotal.com é unha axencia de comunicación que desenvolve solucións e sinerxías no ámbito local, nacional e internacional. A súa fundadora conta con dilatada experiencia no ámbito da comunicación corporativa en entidades nacionais e internacionais (Google,Ford, Seat-Volkswagen, CNN, Axencia EFE, Secretaría de Estado de Comercio e Turismo…) ademais de participar en diversos proxectos audiovisuais en diversas canles de televisión autonómicos e nacionais.
As Xornadas Política2.cero celebraranse en Santiago de Compostela os días 14 e 15 de setembro e contarán coa presenza de destacados relatores de ámbito nacional e internacional que percorrerán en cada unha das sesións o cambio de paradigma necesario e na comunicación política do século XXI.
A directora de Creativatotal.com participará na mesa redonda Do eslogan ao tweet: Marketing online vs Marketing tradicional
Compartir Este Artigo

