A dobraxe automática mediante IA chega a centos de milleiros de canles de YouTube
martes, 10 de decembro do 2024
YouTube leva bastantes meses experimentando coa dobraxe de vÃdeos mediante intelixencia artificial en varios idiomas e, aÃnda que inicialmente limitaba esta posibilidade a unhas poucas canles escollidas, agora anuncian a dobraxe automática como unha caracterÃstica máis de YouTube.
YouTube está a abrir a tecnoloxÃa de dobraxe (nacida no proxecto Aloud) a centos de milleiros de canles no programa YouTube Partner que se enfoquen na divulgación e na información (aÃnda que ampliarase a outros tipos de contido en breve) de aà que agora sexa relativamente frecuente que atopemos contidos dobrados ao español pese a terse gravado orixinalmente noutras linguas.
Para poder empregar esta nova funcionalidade, cando subamos un novo vÃdeo a YouTube o sistema detectará o seu idioma e creará dobraxes noutras linguas, ampliando asà o seu alcance. Os creadores poden acudir ao YouTube Studio para poder controlar as dobraxes na sección de idiomas, facilitando asà o borrado de dobraxes no caso de que non guste o seu resultado.
Estamos ante unha tecnoloxÃa que aÃnda non está moi madura, polo que non está carente de erros, e actualmente, ao subirmos un vÃdeo en inglés, este dobrarase automaticamente a francés, alemán, idioma hindi, indonesio, italiano, xaponés, portugués e español, mentres que de estar noutro idioma a dobraxe realizarase unicamente ao inglés.
Como acontece cos subtÃtulos, cando unha dobraxe se crea de xeito automático, destacarase como tal no selector de pistas de audio, destacándose cal é a pista sonora orixinal, e respectándose as preferencias de reprodución do usuario no futuro.
Dende YouTube están a traballar na mellora desta tecnoloxÃa para que as dobraxes resulten máis precisas, expresivas e naturais, procurando imitar o ton, a emoción e incluso o son de ambiente, facendo que as dobraxes sexan cada vez de maior calidade.