A eSIM de Pepephone será compatible co Apple Watch a partires de outubro

martes, 30 de maio do 2023 Marcus Fernández

Pese a que os operadores ofrezan o servizo de eSIM aos seus clientes iso non quere dicir que estea dispoñible para todos os dispositivos, e Pepephone é unha boa mostra dixo, pois a compañía leva dende 2019 ofrecendo a posibilidade de utilizar tarxetas SIM virtuais coas súas liñas, pero o servizo non era compatible cos Apple Watch con conectividade móbil, xa que para iso precisan da autorización de Apple, que engade compañías aos seu sistema cada trimestre.
Pero os clientes da operadora que desexen gozar dun Apple Watch con conectividade móbil no futuro están de parabéns, e poden ir incluíndo o reloxo de Apple na súa carta aos Reis Magos, xa que o director de Pepephone, Óscar Iglesias, confirmou a través de Twitter que recibiron a confirmación de que Apple autorízalles o uso de eSIM nos seus reloxos.
Pepephone ofrece os seus clientes a posibilidade de contratar un servizo Multisim con tarxetas físicas e eSIM por 3 euros/mes, pero o Apple Watch era un dos dispositivos que se lle resistían á operadora, que funcionaba especialmente sen problemas en teléfonos móbiles con liñas independentes (para o que a eSIM non ten custo adicional, xa que trátase simplemente dun cambio de soporte da tarxeta SIM).

PUBLICIDADE