A edición 20 de GaliciaTIC vén cunha Feira de Emprego aberta a centros educativos de toda a nosa xeografía
venres, 30 de setembro do 2022
Este
mes de outubro, os días 19 e 20, regresa o congreso tecnolóxico en
activo máis veterano da nosa terra: GaliciaTIC.
A edición 2022 (a número 20) celebrarase novamente en Santiago de
Compostela (Edificio Museo Gaiás da Cidade da Cultura), contando
como temática central o Crecemento, Dixitalización e Eficiencia.
Organizada unha vez máis pola Asociación Ineo, virá con formato
mixto de desenvolvemento, coa posibilidade de asistencia virtual.
Inclúe conferencias maxistrais, webinarios, mesas temáticas
e sesións de networking.
Entre
as actividades estrela figura unha Feira de Emprego, prevista para a
tarde do mércores 19 e abríndose á participación de mais de 150
alumnas e alumnos de diferentes centros galegos de Formación
Profesional en ámbitos TIC (Tecnoloxías da Información e a
Comunicación), e na que poderán participar as empresas a través
dun stand de seu. Está confirmada xa a participación do
Centro Muralla Romana de Lugo, do Liceo A Paz da Coruña, do Daniel
Rodríguez Castelao de Vigo e do CPR CEBM de Vigo.
Outros
puntos destacados do programa
-Mesa
Ineo. Celebrarase durante a mañá do xoves 20 de outubro, da man da
asociación de empresas tecnolóxicas Ineo. Nela poderán intervir
aquelas firmas socias que queiran expor os seus produtos e/ou
servizos tecnolóxicos.
-Showroom
virtual. As empresas poderán expor un produto, servizo ou
experiencia tecnolóxica. De ser un elemento físico, exporase no
propio lugar do evento, mentres que si é un contido virtual subirase
á canle de Youtube de GaliciaTIC.
Posteriormente dinamizarase en redes sociais, de cara a unha maior
repercusión e visibilidade.
-Comida
de clausura, o xoves ás 14:30h, na que se fará unha entrega de
premios ás entidades que levan máis tempo apoiando GaliciaTIC.
Contarase coa presenza de autoridades e patrocinadores.