A edición definitiva de Dark Souls II tamén terá versión para PS4 e Xbox One

martes, 25 de novembro do 2014 Marcus Fernández

Bandai Namco anunciou hoxe que o seu xogo Dark Souls II dará finalmente o salto á nova xeración de consolas grazas a que a súa nova expansión Dark Souls II: Scholar of the First Sin, que porase á venda o 7 de abril e, aparte das versións para PC, Xbox 360 e PS3, tamén terá versións para Xbox One e PS4.
As novas versións do xogo incluirán mellores gráficos, unha xogabilidade equilibrada, un meirande número de xogadores en liña, máis inimigos, máis personaxes non xogables, novos eventos... e non se quedará nos contidos da expansión, senón que tamén incluirá os contidos descargables anteriores (os DLC da Coroa do Rei Afundido, da Coroa do antigo Rei de Ferro e da Coroa do Rei de Marfil), polo que estariamos ante a versión definitiva de Dark Souls II.
Os que xa teñan o xogo para as anteriores consolas poderán gozar da expansión como contido descargable.

A nova entrega de Dark Souls II mellorará graficamente para as consolas de nova xeración


Trailer de Dark Souls II: Scholar of the First Sin

PUBLICIDADE