A empresa rianxeira Autoxuga presentará no GaiásTech o seu software para aforrar combustíbel
xoves, 3 de marzo do 2022
O
vindeiro 23 de marzo a firma Autoxuga,
empresa rianxeira de tecnoloxías aplicadas ao ámbito do motor, vai
protagonizar unha xornada no Centro GaiásTech da axencia AMTEGA
(Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia). A sesión,
que se desenvolve en formato mixo (de xeito presencial e en streaming
para todas as persoas
interesadas, estean onde estean), servirá para que Pablo
Alberto Castro, co-propietario e apoderado de Autoxuga, presente os
detalles dunha aplicación tecnolóxica que permite aforrar entre un
25% a un 30% de combustíbel nos coches, amais de reducir a pegada de
CO2 nun 45%, evitar custosas avarías e prolongar a vida útil dos
automóbiles modernos.
As
posibilidades do software en cuestión, desenvolvido integramente por
Autoxuga, mostraranse dun xeito didáctico e claro para que “calquera
persoa, teña os coñecementos que teña sobre motor e eficiencia,
saiba o que facer para avanzar en sustentabilidade e aforro en
materia de uso de combustíbel”.
Para
asistir presencialmente á xornada ou ben conectarse por streaming
a través de computador ou teléfono móbil cómpre
facer a inscrición no Centro GaiásTech na ligazón específica
habilitada.
Segundo
avanza Pablo Alberto Castro respecto da relevancia que adquire a
xornada no contexto actual de escalada de prezos, “pola importancia
do tema e como se trata de aforrar combustíbel e reducir a pegada de
carbono, esta cornada cremos que pode ser de gran utilidade”.