A emulación de máquinas retro por fin é doada en dispositivos móbiles de Apple
mércores, 15 de maio do 2024
Coa estrea da primeira tenda de terceiros para iOS en Europa dende Apple abriron tamén a porta aos emuladores nos seus dispositivos móbiles, e aÃnda que inicialmente parecÃa que os lanzamentos a tal respecto eran bastante tÃmidos, pero esta semana a situación mudou radicalmente ao ver a luz como aplicacións de balde PPSSPP (un emulador de consolas portátiles PSP) e RetroArch (un emulador multisistema de consolas e máquinas recreativas que goza de popularidade e soporte por parte dunha grande comunidade).
Dende PPSSPP celebran que por fin poidan ter a súa aplicación na App Store, aÃnda que lamentan que a versión do emulador publicada ten limitacións no soporte de Vulkan ou o Magic Keyboard, que probablemente recuperen en breve tras atopar métodos oficiais para a súa implementación (xa que até o momento a aplicación existÃa de xeito non oficial, polo que non estaba suxeita ás normas de Apple); pero hai un detalle que non poderá facer a versión do emulador na App Store: tirar proveito do recompilador JIT. Iso quere dicir que o emulador non poderá ter un grande rendemento por mor de limitacións impostas por Apple, aÃnda que nos dispositivos actuais a potencia terÃa que ser máis que suficiente para correr a meirande parte de xogos de PSP.
Os responsables de RetroArch tamén confirman que a aplicación que figura na App Store é a oficial, estando dispoñible para dispositivos móbiles e Apple TV, e tendo previsto chegar en breve tamén a macOS.
A chegada de RetroArch aos dispositivos de Apple é unha grande nova para os amantes da emulación, xa que este sistema permite correr núcleos de vellos ordenadores clásicos (ZX Spectrum, Amstrad CPC, MSX...), consolas de videoxogos (Game Boy, Super Nintendo, PlayStation...) e máquinas recreativas (Neo-Geo e outras plataformas), de xeito que a cantidade de xogos retro dispoñibles é moi ampla, facilitando o seu goce en mobilidade, o que agradecerán moitos nostálxicos.