A estratexia Galicia Dixital 2030 mobilizou preto de 900 millóns de euros
luns, 1 de xullo do 2024
O proceso de modernización tecnolóxica de Galicia sumou algo máis de 886,8 millóns de euros en investimentos públicos e privados desde a posta en marcha en 2021 da Estratexia Galicia Dixital 2030 (EGD2030) ata finais de 2023. Asà o indican os datos que ven de presentar a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. A presentación desta memoria coincidiu coa celebración do Pleno anual do Observatorio da Sociedade da Información e Modernización de Galicia (OSIMGA).
Os datos indican que o investimento de capital privado sumou 229 millóns de euros nos tres anos. Os investimentos públicos procederon dos fondos propios da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, dos fondos doutros departamentos da Administración e de fondos europeos. Nos vindeiros anos, estas cantidades aumentarán pola execución do programa Next Generation EU a través do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) e do instrumento REACT-EU.
Administración e Goberno Dixital
A memoria destaca os 183,5 millóns de euros investidos entre 2021 e 2023 na configuración dun Goberno e Administración intelixente. Entre as actuacións neste eido atópanse o III Plan de Administración e Goberno Dixital 2025, o Programa para o Emprego Público Dixital, o Programa de Dixitalización da Xustiza ou o Programa de Mellora das Capacidades e Infraestruturas Dixitais das Administracións Públicas.
Estas actuacións permiten avanzar nuns servizos da Administración máis eficaces, máis personalizados e máis accesibles a través do uso de tecnoloxÃas avanzadas. Neste sentido, a Xunta puxo a disposición da cidadanÃa unha aplicación para móbiles que concentra os servizos da Administración (XuntaEu); engadiu novas funcións e trámites á sede electrónica; puxo en marcha unha Plataforma de Automatización de Procesos para axilizar as tramitacións e proporcionar una resposta personalizada; ou renovou a Oficina Virtual Tributaria, entre outras accións.
Saúde e benestar social
A consolidación dun entorno dixital para a saúde e o benestar social sumou 130,2 millóns de euros en investimentos no perÃodo 2021-2023. O obxectivo da Xunta neste eido é o de consolidar un modelo socio-sanitario personalizado, preditivo e preciso. Ademais de mellorar servizos como o da Plataforma Telea, que permite un seguimento estreito de doenzas crónicas sen desprazamentos innecesarios, ou a aplicación Sergas Móbil; avanzouse no uso das potencialidades da Historia ClÃnica Electrónica e da Historia Social Única Electrónica. Neste perÃodo impulsouse o modelo de atención residencial a persoas maiores ou con discapacidade, asà como o servizo de teleasistencia no fogar.
EconomÃa dixital e sustentable
O balance destaca tamén os investimentos para a configuración dunha economÃa dixital e sostible, que suman 335,7 millóns de euros. As actuacións nesta área inclúen o Programa de Transformación Dixital do Servizo Público de Emprego; o Programa de Transición Dixital para a Industria e a Empresa; ou o Programa Dixital de Mellora da Competitividade do Sector de Produtores Locais.
No resto dos eixos da EGD2030, os investimentos para acadar unha Sociedade dixital e inclusiva sumaron 63,8 millóns de euros; Territorio intelixente, verde e resiliente, 25,1 millóns de euros; conectividade dixital do territorio, 39,5 millóns de euros e Cultura e turismo intelixente, 8,8 millóns de euros. Os investimentos no eixo transversal de Especialización tecnolóxica sumaron 99,7 millóns de euros.
Por último, o informe sinala que o sector tecnolóxico de Galicia xerou en 2021 un Valor Engadido Bruto de 1.753 millóns de euros, o que representa o 2,7% do Produto Interior Bruto.