Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A experiencia de Xbox faise portátil da man de Asus
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
TREBELLOS

A experiencia de Xbox faise portátil da man de Asus

Marcus Fernández
Publicado: 09/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ally-hero-cf171ede4ff754c27339.jpgXbox e Asus uniron forzas para lanzar un par de consolas portátiles que beben do éxito da Steam Deck de Valve, pero combinando o ecosistema de Xbox coas prestacións dun PC con Windows 11: a ROG Xbox Ally e a ROG Xbox Ally X.
A Xbox Ally incorpora un procesador AMD Ryzen Z2 A, 16 GB de RAM e 512 GB de almacenamento SSD, equilibrando autonomía e rendemento, mentres que a Xbox Ally X dá un salto cualitativo ao integrar o AMD Ryzen AI Z2 Extreme, 24 GB de RAM e 1 TB de almacenamento SSD. Ademais, engade gatillos con resposta háptica para unha inmersión superior.
Ambos dispositivos permiten xogar de xeito nativo, por streaming mediante Xbox Cloud Gaming ou a través do xogo remoto conectándose a unha consola Xbox situada noutra estancia. Ademais, ao empregar Windows 11, ofrecen acceso a todos os xogos das principais tendas dixitais para PC, como Steam, Battle.net ou Epic Games, e a ferramentas como Discord ou Twitch.
xbox-home-abf5def86173492e2e30.jpg As consolas arrancan directamente na nova Xbox Full Screen Experience, deseñada para ofrecer unha navegación fluída e intuitiva en pantallas táctiles e controladores. Esta interface integra a Xbox Game Bar, agora mellorada para dispositivos portátiles grazas á colaboración con Asus e o seu sistema Armoury Crate.
A experiencia permite acceder facilmente ao catálogo completo de xogos instalados en diferentes plataformas, incluíndo Game Pass, sen necesidade de cambiar de aplicación nin iniciar sesión de novo. Ademais, inclúe botón Xbox físico, opcións de accesibilidade adaptadas e un deseño ergonómico inspirado nos mandos Xbox tradicionais.
ally-lifestyle-95ba78138af423e277de.jpg A experiencia multiplataforma esténdese con Xbox Play Anywhere, permitindo xogar aos mesmos títulos en consola, PC ou Xbox Ally sen custo adicional e conservando progresos e logros. Os novos usuarios tamén poderán acceder a Game Pass sen custo inicial.
Roblox estará dispoñible desde o lanzamento en versión nativa optimizada para estas consolas. Ademais, integrarase Gaming Copilot, un asistente que axuda a mellorar habilidades, descubrir xogos e conectar con amizades e comunidades.
Está previsto que estas novas máquinas cheguen ao mercado de cara á campaña do Nadal, detallándose nos vindeiros meses as datas concretas e os prezos que terán nos distintos mercados.


Vídeo de presentación das Xbox Ally

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

TREBELLOS

Samsung presenta o primeiro monitor gaming capaz de alcanzar os 1.100 Hz

23/11/2026
TREBELLOS

Primeiros auriculares abertos con deseño de clip de Xiaomi

17/11/2026
TREBELLOS

Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España

17/11/2026
TREBELLOS

Blackmagic Design presenta un micrófono para a captura de audio espacial

13/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?