A exposición itinerante Galiciadixital chega a Ferrol
martes, 22 de decembro do 2009

- O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Diego Calvo, na inauguración da exposición Galiciadixital
A SecretarÃa Xeral de Medios achega unha vez máis as novas tecnoloxÃas aos
maiores a través da exposición itinerante Galiciadixital, que permanecerá
aberta na Residencia Mixta de Maiores de Caranza, en Ferrol, ata o vindeiro 27
de decembro. A mostra, organizada pola SecretarÃa Xeral de Medios, en
colaboración coa SecretarÃa Xeral de Familia e Benestar, poderá visitarse
gratuitamente en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, agás o
venres 25, que permanecerá pechada. A mostra chega a Ferrol dende o Centro
Sociocomunitario do Calvario, en Vigo, onde recibiu a visita de máis de dúas
mil cincocentas persoas.
Abriu o acto o director da residencia de maiores, quen deu as grazas á
Xunta de Galicia por levar ata alà esta exposición. O delegado da Xunta na
Coruña, Diego Calvo, recalcou que a idea de levar esta mostra ás residencias da
terceira idade foi unha idea do presidente do Executivo autonómico, Alberto
Núñez Feijóo, e anunciou que esta é a última residencia na que recala esta
mostra interactiva, que a partir do próximo ano poderá visitarse nos hospitais.
Pechou o acto o alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, quen agradeceu tamén a
iniciativa do Executivo galego e invitou a todos os ferroláns a coñecer a
exposición.
A través desta exposición, a SecretarÃa Xeral de Medios pretende amosar aos
galegos e galegas de todas as idades o audiovisual e os multimedia realizados
por empresas e universidades galegas, asà como promover a interrelación entre
mozos e maiores, xa que varios colexios deste municipio visitarán ao longo
destes dÃas a mostra.
Galiciadixital ofrece unha experiencia interactiva distinta á dos museos
convencionais, pensada para que os visitantes non sexan simples espectadores,
senón que participen en todo o seu percorrido, achegando asà os avances en
tecnoloxÃas multimedia e audiovisuais producidas en Galicia á cidadanÃa dende
localidades preto da súa residencia.
