A familia Trump entra no sector da telefonÃa móbil
luns, 16 de xuño do 2025
Aproveitando a posición actual de Trump, o conglomerado empresarial familiar aproveita para lanzar Trump Mobile, un operador de telefonÃa móbil nos EE.UU. que funcionará a través do OMV Liberty Mobile (que fai uso da rede de T-Mobile) e ousa incluso a anunciar que en agosto/setembro porán á venda o T1 Phone, que serÃa un smartphone con acabados dourados supostamente deseñado e construÃdo nos EE.UU.
Esta compañÃa basea a súa oferta nunha tarifa chamada 47 Plan, que inclúe chamadas e mensaxes de texto sen lÃmite, 20 GB de datos a alta velocidade, servizo de atención na estrada e tamén un servizo de teleasistencia médica e farmacéutica cun prezo de 47,45 dólares/mes.
O máis rechamante desta nova compañÃa e o smartphone que pretenden vender por 499 dólares, pois a información que dan sobre o mesmo é moi superficial, como que ten unha pantalla AMOLED de 6,78 polgadas cunha velocidade de refresco de 120 Hz con lector de impresións dixitais, 12 GB de RAM, 256 GB de almacenamento interno ampliable mediante tarxeta de memoria, cámara traseira tripla sen flash (cun sensor principal de 50 MpÃxeles e un par de sensores máis de 2 MpÃxeles que semellan estar simplemente para que o móbil pareza mellor do que é), cámara frontal de 16 MpÃxeles, baterÃa de 5.000 mAh con carga rápida de 20 watts, toma para auriculares e sistema operativo Android 15.
A simple vista semella que estamos ante un móbil chinés de baixa gama, cun ensamblado final nos EE.UU. para poder vendelo como produto estadounidense, pero cun prezo claramente abusivo, que claramente busca aproveitarse de consumidores afÃns ao actual presidente dos EE.UU.
A propia páxina web de Trump Mobile contén incongruencias como anunciar que o seu móbil vai chegar aos consumidores en agosto e en setembro (en función de se miras a portada da súa web ou a nota de prensa do lanzamento da compañÃa) e cita detalles como que a capacidade da baterÃa da autonomÃa á cámara, elementos que se atopásemos noutra páxina web serÃan claros signos de que estamos ante un calote.
ACTUALIZACIÓN: Pese a que na súa páxina web Trump Mobile di que o seu smartphone estará fabricado nos EE.UU., en declaracións ante os medios Eric Trump asegura que iso serÃa imposible actualmente, e que se trata dunha aspiración da compañÃa, que pretende traer a fabricación dos seus móbiles a territorio estadounidense. Realmente dá a impresión de que os consumidores estadounidenses están ante un calote máis da familia Trump.
ACTUALIZACIÓN: ConfÃrmase que o T1 Phone é unha versión cunha carcasa modificada do Wingtech REVVL 7 Pro 5G, tamén comercializado como T-Mobile REVVL 7 Pro 5G a un prezo de 169 dólares máis impostos, polo que a compañÃa de Trump estarÃa a aplicarlle un sobrecusto de 330 dólares moi difÃcil de xustificar. Tamén se menciona que versións moi semellantes do fabricante chinés Ulefone terÃan un prezo de 139 dólares, mentres que a marca local Blu tamén terÃa un móbil bastante semellante en aspecto e prestacións por 129,99 dólares.