A ferramenta BBVA One View xa é empregada por máis de 4.200 firmas galegas
venres, 23 de agosto do 2019
A
aplicación BBVA
One View, que permite ás empresas obter a información
financeira dos produtos agregados dunha soa ollada, vén de acadar os
75.000 clientes en só oito meses, dos cales máis de 4.200 son
galegos. Este servizo, que simplifica a xestión da súa tesouraría,
incorporou algunhas novidades que facilitan o día a día dos
clientes, segundo informa BBVA, que explica que entre estas
funcionalidades atópase a posibilidade de termos “unha visión
global dos préstamos e os Terminais de Punto de Venda (TPV) ao
podermos agregar os doutras entidades, controlar a liquidez da
empresa en tempo real e optimizar o uso das súas liñas de crédito”.
Un
dos piares da ferramenta é a súa capacidade para tirar proveito da
información a gran escala e a súa análise intelixente: o chamado
Big Data. Grazas a isto, engade a entidade financeira, os
usuarios poden “aforrar unha media de dúas horas diarias na
xestión da súa tesouraría, simplificando o proceso de agregación
bancaria e facilitando a conciliación contábel”. Estas vantaxes e
estas potencialidades están, en palabras de BBVA, entre as razóns
do éxito da ferramenta, que xa foi elixida por 88.000 empresas en
toda España para o seu uso diario.
En
Galicia son 4.204 as empresas que utilizan o agregador financeiro
intelixente.
Detalles
sobre a ferramenta
BBVA
One View permite ter unha visión da posición financeira dunha
empresa mediante a agregación de contas e cartóns, contas de
crédito e agora tamén, de préstamos e da facturación de comercios
(TPV) doutras entidades. No caso dos préstamos, ademais do capital
pendente, o cliente pode consultar os detalles do mesmo, como a data
de vencemento ou o importe da vindeira cota a través da web. Doutra
banda, grazas á agregación da facturación de comercios, os
clientes poden dispor “dunha visión global das súas vendas por
banco e por comercio, tendo marxe para consultar o detalle de cada
unha delas desde un único punto”, sinala a entidade bancaria.