A ferramenta EMi permitiu dende setembro o perfilado competencial de preto de 24.500 persoas
martes, 28 de xaneiro do 2025
O conselleiro de Emprego, José González, compareceu na mañá deste 28 de xaneiro a petición propia no pleno do Parlamento galego para, entre outras cousas, debullar a folla de ruta que está a seguir o Goberno autonómico no camiño de potenciar a forza laboral interna e máis a atracción de talento foráneo, “sempre de xeito ordenado e da man das empresas”.
No balance salientou “iniciativas pioneiras da Consellería para casar de xeito máis eficiente a oferta e a demanda”, como a implantación de EMi, ferramenta de Intelixencia Artificial acabada de distinguir pola Comisión Europea e que, segundo, dixo, xa ten permitido desde setembro de 2024 o perfilado competencial de preto de 24.500 persoas.
Por certo que EMi xa está dispoñíbel nas 54 oficinas de emprego galegas e, segundo lembrou, está a ser de grande utilidade para as empresas e as persoas traballadoras “pois contribúe a atender a demanda de man de obra e, de xeito paralelo, favorece a competitividade do tecido empresarial e a xeración de emprego de calidade”. De feito, con esta ferramenta, Galicia prevé realizar o perfilado competencial de máis de 70.000 persoas nun ano.
A previsión para 2025 é que EMi incorpore novidades, grazas un investimento de 1 millón de euros, entre as unha aplicación móbil para que as persoas poidan autoavaliar as súas competencias profesionais.