A fibra MAX de R avanza na Guarda, en Allariz, en Melide e en Ares

mércores, 21 de xuño do 2023 S. P.

A operadora de orixe galega R comezou xuño facendo novos balances sobre a presenza da súa fibra nos nosos concellos, máis polo miúdo da súa fibra MAX, que, segundo vén de recordar a empresa, está plenamente presente en A Guarda, en Allariz, en Melide e en Ares.
Na Guarda (Pontevedra), unhas 2.700 empresas e particulares do concello xa están a aproveitar as vantaxes da fibra óptica ata o fogar (FTTH) de R. O avance do ano deparará máis traballos de despregadura e de mellora da rede instalada, informou a firma de telecomunicacións, que quere consolidarse como a operadora con máis cobertura na localidade.
En Allariz (Ourense) a fibra de R xa está ao servizo de arredor de 2.200 fogares e negocios, sendo o obxectivo levar a nova cobertura de fibra MAX a toda a veciñanza.
Polo que se refire a Melide (A Coruña), o obxectivo da empresa é “ser o referente local en materia de operadoras”, e, de feito, en Melide xa hai unhas 3.200 empresas e fogares que desfrutan da súa fibra óptica até o fogar.
En Ares a cifra é de 3.500 negocios e domicilios, e medrando.
Vantaxes da fibra MAX de R
-Ata 10 Gbps de velocidade de internet simétricos; é dicir, coa mesma velocidade de subida e de baixada e ata 4 veces máis rápida que outras fibras. A Internet de R está preparada para alcanzar os 10 Gbps. De momento, xa gozan dun 1 Gbps os usuarios/as particulares.
-Melloras na velocidade e na cobertura. O sistema Wi-Fi 6 de R permite aos usuarios navegar a pleno rendemento, aínda que estean afastados do router.
-Seguridade total. A operadora destaca a integración do “protocolo sen fíos máis seguro do mercado”, que é o WPA3, o que usa a rede de R.
-Sen retardos nin lag. Así o explica a operadora: “Grazas á nosa conexión aos mellores servidores de gaming e a plataformas como Twitch, despídete dos problemas de latencia ou ping”.
-Deco Android 4K incluído. En palabras de R, este decodificador “permítenos converter a tele nunha Smart TV con acceso ás mellores plataformas de streaming en calidade 4K e descargar aplicacións grazas ao seu sistema operativo Android. Ah, e con acceso a rebobina”.

PUBLICIDADE