A fibra até o fogar chegará estes meses a oito novos concellos de Lugo

xoves, 28 de xullo do 2022 S. P.

A Deputación de Lugo compartiu os seus plans para contribuír a dotar ao rural lucense de acceso a Internet ultrarrápida, logo da xuntanza coa operadora Adamo da que falamos estes mércores 27 dende Código Cero, reunión na que participaron o presidente da entidade provincial, José Tomé Roca, a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e o responsábel de Adamo en Galicia, David Llano. O obxectivo, destacaron, é agora levar a fibra óptica até o fogar da compañía (fibra até o fogar) aos concellos de Abadín, Castroverde, Chantada, Friol, Guitiriz, Monforte de Lemos, A Pontenova e Riotorto. Estes traballos realizaranse ao longo dos vindeiros meses.
José Tomé Roca puxo en valor o compromiso do Goberno co rural e coa despregadura de Rede avanzada. Máis concretamente, destacou os avances do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital para proporcionar conectividade aos concellos da provincia coa segunda convocatoria de axudas do Programa de Universalización de Infraestruturas Dixitais para a Cohesión Úmico-Banda Larga que destina outros 12,3 millóns de euros para financiar proxectos na provincia de Lugo.
Pola súa banda, a subdelegada lembrou que “esta nova convocatoria de axudas, lanzada hai un mes, inscríbese na decisión do Goberno de levar a banda larga a toda a provincia”. As novas achegas, dixo, súmase aos investimentos que xa se están a mobilizar, por importe de máis de 23,7 millóns de euros, a través do Plan PEBA e a primeira convocatoria do Plan Unico. Ambos os dous están en execución e contan con subvencións do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital que achega 15,9 millóns de euros de axudas con fondos procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Co Plan PEBA, a empresa Adamo xa levou a fibra óptica a vivendas situadas en 35 concellos da provincia e nos próximos meses ten previsto realizar obras para despregar Internet ultrarrápido noutros 8 municipios. Concretamente traballará para dotar de fibra óptica a vivendas de Abadín, Castroverde, Chantada, Friol, Guitiriz, Monforte de Lemos, A Pontenova e Riotorto que a finais do verán contarán coa conexión a Internet ultrarrápida, co que ao remate de ano serán 80.000 as vivendas conectadas.