A fibra de R xa chega a máis de 10.000 empresas e fogares de Silleda, Chantada e As Pontes

venres, 27 de xaneiro do 2023 S. P.

A operadora de orixe galega R comezou o ano facendo novos balances sobre a presenza da súa fibra nos nosos concellos, máis polo miúdo da súa fibra MAX, que, segundo vén de recordar a empresa, está plenamente presente en Silleda, en Chantada e nas Pontes.
En Silleda (Pontevedra), máis de 3.000 empresas e particulares de Silleda xa están a aproveitar as vantaxes da fibra óptica ata o fogar (FTTH) de R. O ano comeza virá con máis tarefas de “mellora continua”, informou a firma de telecomunicacións. En Chantada a dita tecnoloxía xa está ao servizo, tamén, de 3.000 fogares e negocios. Polo que se refire ás Pontes, a cifra sobe até as 5.000 residencias particulares e empresas. “O noso obxectivo”, explica R, “é posicionarnos como o operador con máis cobertura de fibra propia destas localidades, así que seguimos a traballar para levar a mellor internet ao maior número posible de veciños/as”.
Vantaxes da fibra MAX de R
-Ata 10 Gbps de velocidade de internet simétricos; é dicir, coa mesma velocidade de subida e de baixada e ata 4 veces máis rápida que outras fibras. A Internet de R está preparada para alcanzar os 10 Gbps. De momento, xa gozan dun 1 Gbps os usuarios/as particulares.
-Melloras na velocidade e na cobertura. O sistema Wi-Fi 6 de R permite aos usuarios navegar a pleno rendemento, aínda que estean afastados do router.
-Seguridade total. A operadora destaca a integración do “protocolo sen fíos máis seguro do mercado”, que é o WPA3, o que usa a rede de R.
-Sen retardos nin lag. Así o explica a operadora: “Grazas á nosa conexión aos mellores servidores de gaming e a plataformas como Twitch, despídete dos problemas de latencia ou ping”.
-Deco Android 4K incluído. En palabras de R, este decodificador “permítenos converter a tele nunha Smart TV con acceso ás mellores plataformas de streaming en calidade 4K e descargar aplicacións grazas ao seu sistema operativo Android. Ah, e con acceso a rebobina”.

PUBLICIDADE