A fibra óptica de Movistar esténdese en Noia e chega xa ao 42% do municipio

mércores, 4 de maio do 2022 S. P.

Telefónica segue ampliando a cobertura de Fibra Óptica Até o Fogar (FTTH polas súas siglas en inglés) en Noia, coa conexión de 120 novas vivendas e locais en 9 novos núcleos de poboación. Os núcleos son os de Entrerríos, A Igrexa, Vilaboa, Tambre, Figueira, Becollo, A Baia, Devesa e Beiro.
Estas vivendas súmanse ás 44 unidades inmobiliarias xa conectadas á fibra óptica da operadora nos últimos meses, “o que supón en total o 42% de todas as unidades inmobiliarias de Noia”, sinala a compañía.
Os fogares conectados poden gozar xa da fibra óptica de Movistar, que ofrece voz con alta calidade nas chamadas e máxima velocidade de conexión a Internet en varios dispositivos (computador, tableta, móbil) de forma simultánea e sen reducir a velocidade de conexión, entre outras vantaxes. Ademais, se o usuario dispón de Movistar+, terá acceso a canles de alta definición e poderá gozar dos seus contidos mentres navega por Internet, ademais de conseguir a máxima velocidade e resposta nos xogos en rede.

PUBLICIDADE