A formación de Reto Rural Dixital recala en setembro no concello de Irixoa
mércores, 6 de agosto do 2025
O Concello de Irixoa xunto coa Cruz Vermella levará a cabo o programa Reto Rural Dixital, que inclúe actividades directamente encamiñadas a reducir a fenda tecnolóxica que afasta aos espazos non urbanos das vilas e cidades. Abrangue cursos de competencia dixitais no manexo de dispositivos, comunicación, trámites, compras online... destinados a empadroadas e empadroados. Desenvolverase os luns e os xoves a partir de setembro de 10 a 12 horas.
Esta formación céntrase na adquisición de habilidades dixitais básicas que faciliten o acceso a trámites, comunicación e lecer. O alumnado aprenderá a realizar compras por Internet, consultar información, manexar dispositivos ou editar vÃdeos e fotos. Os cursos son prácticos e inclúen grupos pequenos e apoio visual constante para garantir unha atención personalizada.
Este programa forma parte do proxecto Reto Rural Dixital, que se imparte en concellos de ata 5.000 habitantes e está financiado con fondos europeos Next Generation.
Máis información e inscrición no teléfono 981 793 001, nos Servizos Sociais de Irixoa ou no teléfono de Cruz Vermella, 981 22 10 00 ext. 38262.
