A funda do LG G5 permitirá contestar chamadas coa tapa pechada

xoves, 11 de febreiro do 2016 Marcus Fernández

A chegada do Always ON no LG G5 captou bastante interese, e parece que vai ser a porta a outra innovación de LG, compañía surcoreana que anuncia agora a nova funda con tapa para o LG G5, que non se limitará a presentar unha fiestra que permite amosar un anaco da pantalla como as anteriores Quick Cover, senón que o material que cubre a pantalla do móbil será unha grella semi-transparente que permitirá contestar chamadas e controlar a configuración de alarmas sen ter que abrir a funda.
Esta nova funda non só protexerá ao LG G5 de agresións externas, senón que tamén o dota dunha aparencia elegante, xa que ten un acabado metálico brillante que fai que o teléfono pareza un produto de luxo, casando así moi ben funcionalidade e estética.

PUBLICIDADE