A futura lei de educación dixital abrirase a consulta pública
luns, 10 de febreiro do 2025
O Consello da Xunta, a proposta da ConsellerÃa de Educación, Ciencia, Universidades e FP, deu luz verde ao inicio da tramitación do anteproxecto de lei de educación dixital que xorde da necesidade de afrontar con seguridade e certezas os novos retos de transformación social que se están producindo neste eido e que atinxen de xeito directo ao sistema educativo.
O texto no que se vai comezar a traballar regulará os dereitos e os deberes de todos os membros da comunidade educativa (administracións públicas, centros educativos, docentes, alumnos e familias) ante a nova realidade derivada da transformación dixital no ensino.
Para desenvolver este novo marco normativo, vaise iniciar o procedemento de consulta pública previa no Portal de Transparencia da Xunta e, paralelamente, abrirase un proceso de diálogo con todos os colectivos implicados que abranguen os centros educativos, o profesorado, as familias a través das anpas, e expertos en tecnoloxÃa, entre outros.
Trátase de avanzar nunha folla de ruta para que o proceso de transformación dixital avance tendo en conta os plenos dereitos de todos os membros da comunidade educativa. Asà pois, o texto recollerá cuestións como a regulación da comunicación dixital entre docentes e alumnado fóra do horario lectivo, o aproveitamento responsable da intelixencia artificial, as condutas contrarias á convivencia no eido dixital ou a gravación de clases.
O principal obxectivo desta normativa é proporcionar as ferramentas necesarias ao alumnado para que saiban manexarse como cidadáns a nivel persoal e profesional ante un mundo cada vez más cambiante. Neste sentido, farase especial fincapé en aspectos como o benestar dixital, a privacidade e a protección de datos, o dereito á identidade dixital e á intimidade e a accesibilidade universal.
O traballo da ConsellerÃa para a elaboración desta nova Lei de educación dixital parte da experiencia vivida durante a pandemia, onde se demostrou a capacidade tecnolóxica do sistema educativo como un elemento clave para garantir o acceso á educación en igualdade. Non obstante, tamén foi un momento fundamental para identificar as necesidades de regular cuestións sobre o uso de ferramentas dixitais na contorna educativa e nos procesos de ensino-aprendizaxe.
Asà pois, o novo texto lexislativo abranguerá todo o ecosistema STEM nun sentido amplo, o que vai moito máis aló do uso de pantallas e dos dispositivos electrónicos, xa que abordará os principios e as habilidades da ciencia e da matemática na resolución de retos que supoñan o despregamento do pensamento computacional.
Logo de completarse todos os trámites administrativos e achegas dos distintos axentes prevese que a lei entre en vigor en 2026.