A galega Aerocamaras pon en marcha tenda en liña de drones e formación

martes, 26 de setembro do 2017 Redacción

A empresa galega Aerocamaras, especialista en drones, vén de ampliar as súas fronteiras de comercio electrónico coa posta en marcha de tienda.cursodedrones.es, un establecemento en liña adicado (como se indica no seu nome) á comercialización de vehículos aéreos non tripulados e accesorios así como á formación de pilotos destes aparellos. Precisamente, de Aerocámaras falamos hoxe en Código Cero con motivo da súa colaboración coa Deputación de Ourense, un traballo conxunto que se vai materializar na capacitación de pilotos destas tecnoloxías para situacións de emerxencia (lumes, rescates, etc).
No establecemento en liña de seu, a compañía galega permítenos atopar tanto drones semiprofesionais como drones profesionais e accesorios. Modelos de referencia no mercado como Phantom 4, Inspire 2 ou Matrice 600 únense (na tenda en liña) a accesorios fundamentais como estabilizadores, controladoras ou cámaras especiais.
Ademais do Curso Oficial de Piloto Profesional de Drones (certificado AESA), Aerocamaras está especializada en actividades de formación específicas. Algúns exemplos son o de agricultura de precisión, topografía, inspeccións técnicas, montaxe ou audiovisual.

PUBLICIDADE