Alia Technologies, empresa tecnolóxica con sede en Ourense, protagonizou este luns 27 de xaneiro no CITIC da UDC unha presentación de gran relevancia para o sector da innovación en Galicia: a presentación o proxecto FlotalIA, coincidindo co décimo aniversario da firma e encadrado (o proxecto) no seu Plan de Innovación Empresarial 2024-2025 (apoiado pola Axencia Galega de Innovación – GAIN). FlotalIA contou co apoio do IGAPE a través da liña IA360 na súa convocatoria de 2025.
Como dixemos, a sesión tivo lugar este luns 26 de xaneiro no marco da edición 2026 do congreso internacional WIIPRO International Projects Week do CITIC (ICT Research Center da Universidade da Coruña) e contou coa presenza de Salvador Naya do Grupo Modes, grupo de investigación que colaborou no proxecto.
FlotalIA é unha solución avanzada de control de frota que integra Intelixencia Artificial para optimizar rutas, reducir custos e mellorar a sustentabilidade operativa. Este proxecto é o resultado dunha ampla experiencia e dun traballo constante avalado polas mil rutas diarias nas que xa se empregou, polos máis de 300 vehículos que o teñen instalado e polos máis de 400 condutores activos que le tiran proveito.
Permite facer seguimento da frota en tempo real (xeolocalización, alertas, datos do vehículo) e xestión e optimización de frotas (roteiros, paradas, estado e dispoñibilidade de vehículos, informes e analíticas), e ademais inclúe ERP integrado (asignación de condutores, ordes de traballo, mantemento, xestión de custos) e a posibilidade real e efectiva de desfrutar da condución intelixente impulsada por IA (con navegación preditiva e adaptación dinámica de roteiros).
A galega Alia presentou no CITIC o seu proxecto de control de frotas con IA: FlotalIA
Compartir Este Artigo

