A galega Primux presenta dúas torres de son para os seareiros da música máis esixentes
xoves, 18 de outubro do 2018
Primux,
o fabricante galego de dispositivos electrónicos, está a presentar
estes días as súas novas torres de son, nas súas palabras “o
mellor do mercado para os nosos ouvidos”. O lanzamento, que vén
precedido do bo comportamento no mercado das torres TW01, consiste
en dous novos modelos, o TW02 Bass e o TW03 Pro, acaidos para os
seareiros esixentes da música e, tamén, das comodidades que brindan
as novas tecnoloxías.
Así
nolo explica a empresa con sede na Tecnópole: “Trátase de dous
dispositivos que, amais de contar cunha calidade de son espectacular,
son un axeitado complemento decorativo para o noso salón,
integrándose á perfección como unha parte máis do mobiliario”.
Respecto
do TW02 Bass, pon o foco, como se indica no seu nome, no poder dos
seus baixos. De feito, é un aparello estético e funcional que,
segundo sinala Primux, incorpora “un subwoofer inigualábel
con capacidade para reproducir frecuencias sen distorsión para que
gozarmos da nosa música sen atrancos”. En canto ás
especificacións, o altofalante é de 160x130x1000 mm. Conta cunha
potencia de saída de 60W e frecuencia de 50Hz-20KHz. En materia de
conectividade, poderemos conectalo a través de Bluetooth, minijack
3.5mm ou USB. Tamén é posíbel introducir microSD ou conector RCA.
E, se temos unha vertente máis clásica, podemos escoitar a radio
“cunha incríbel calidade”.
No
que atinxe á torre de son TW03 Pro, é un dispositivo que salienta
polo seu elegante deseño e polas calidades de audio profesional que
fornece, amais de pola súa comodidade. En materia de conectividade,
é empregábel con Bluetooth ou, por medio de cable, con calquera
dispositivo que teñamos a man, o que nos proporcionará “banda
sonora para todo o día”. Incorpora mando a distancia para cambiar
do noso dispositivo a radio FM integrada ou variar o volume.
En
canto ás especificacións, o altofalante é de 120x180x1100 mm.
Conta cunha potencia de saída de 60W e frecuencia de 50Hz-20KHz.
Centrándonos
na conectividade, poderemos conectalo a través de Bluetooth,
minijack 3.5mm ou USB. Tamén poderás introducir unha microSD ou
conector RCA.