A galega SIVSA redeseña a aplicación de clientes de FAIN Ascensores
mércores, 29 de xullo do 2020
A
empresa
galega SIVSA, centrada en ferramentas informáticas avanzadas, será
a encargada de redeseñar a aplicación de clientes de FAIN
Ascensores, referente estatal no sector da elevación, que volve
confiar na firma de Vigo para impulsar a súa vertente tecnolóxica,
desta volta dando unha viraxe á arquitectura da súa aplicación de
usuarios. O obxectivo é optimizar o rendemento da mesma e mellorar a
experiencia dos destinatarios.
Entre
os cambios efectuados na ferramenta, SIVSA salienta a carga do
contido necesario por cada pantalla e a redución do tamaño dos
ficheiros. Outro dos avances realizados reside na adaptación das
páxinas á guÃa de estilo de FAIN Ascensores e na mellora da
xestión do estado da aplicación. En canto ao redeseño da
maquetación, modificouse o menú lateral, asà como as pantallas de
Inicio, Resumo, Información, Facturas, Mantementos, Correctivos,
TelemetrÃa e Pantallas.
Como
dixemos, non é a primeira vez que SIVSA colabora coa empresa de
elevación, xa que en 2018 a firma de Vigo encargouse de desenvolver
un novo sistema de mobilidade para FAIN. Este sistema permÃtelle
xestionar as 55.000 ordes de traballo mensuais coas que operan ao
redor de 350 técnicos de campo e 120 usuarios de backoffice
da dita compañÃa, repartidos en 27 delegacións e en dous idiomas.
