A galega Xesol loce achados de condución intelixente en CEBIT
luns, 11 de xuño do 2018
A
firma galega Xesol Innovation está pisando forte este ano 2018.
Recentemente, o 19 de abril, deu a coñecer na Cidade da Cultura os
seus achados recentes nunha
relevante xornada tecnolóxica organizada polo Clúster TIC Galicia.
Ademais, hai
só uns dÃas presentou na XVI edición de GaliciaTIC o seu
innovador sistema tecnolóxico que é quen de detectar peóns na rúa
e facer o seguimento das súas traxectorias. Por outra banda, a
axenda apertarase aÃnda máis coa
participación de Xesol nunha das principais feiras do mundo en
materia de dixitalización e proxectos empresariais: CEBIT (Europe’s
Business Festival for Innovation and Digitization). A cita será
en Hannover, Alemaña, entre mañá dÃa 12 e o venres dÃa 15.
En
CEBIT, que se artella en catro seccións (economÃa e transformación
dixital, emprendemento e innovación, conferencias e obradoiros e,
por último, creatividade e traballo en rede), Xesol Innovation fará
un percorrido pola súa experiencia, moi centrada no ámbito da
Internet das cousas (IoT) e no desenvolvemento de solucións para
coche conectado e autónomo. Por exemplo, o seu sistema de condución
intelixente que achega vantaxes como a maior cantidade posÃbel de
ángulos de visión aumentada dun automóbil, o seu sistema de
percepción dinámica da contorna que detecta e monitora o percorrido
dos peóns ou a súa tecnoloxÃa de visión artificial que detecta
fatiga, distracción e somnolencia no condutor.