A homenaxe a Rosalía de Castro no Instituto Cervantes retransmitirase nas redes no Día Europeo das Linguas
venres, 22 de setembro do 2023
As
institucións adicadas a velar pola conservación e o fomento da
cultura e das linguas co-oficiais no ámbito estatal (o Consello da
Cultura Galega – CCG, o Instituto Cervantes, o Euskal Etxepare
Institutua e o Institut Ramon Llull) volverán xuntar forzas este 26
de setembro para celebrar o Día Europeo das Linguas. Será unha
edición na que cobrará especial protagonismo a cultura galega. De
feito, a presidenta do CCG, Rosario Álvarez, depositará
na Caixa das Letras que mantén o Instituto Cervantes un
legado in memoriam de Rosalía de Castro.
Será
no marco do acto no que se presenta a edición especial multilingüe
do poema Cry to Rome, obra de Federico García Lorca. O acto,
que se desenvolverá na sede do Cervantes o vindeiro luns 25 de
setembro (11 horas), conta coa presenza do presidente do Goberno en
funcións, Pedro Sánchez.
Segundo
confirmou o CCG, “será a primeira vez que a cultura e a lingua
galega entran na Caixa das Letras”, cápsula do tempo
mantida polo Instituto Cervantes que garda obxectos relacionados coa
ciencia, as artes e as letras da cultura hispana.
O
acto terá lugar na sede do instituto Cervantes en Madrid e poderá
seguirse en directo a través do web
e das redes sociais do Cervantes. Tamén a través do Youtube.
Cry
to Rome
Un
dos actos centrais da celebración conxunta do Día Europeo das
Linguas, que este ano terá lugar na sede do Instituto Cervantes en
Madrid, é presentación da edición especial multilingüe do poema
Cry to Rome, obra de Federico García Lorca. O poema, incluído
en Poeta en Nova York, recolle as impresións que o poeta
acumulou durante a súa viaxe aos Estados Unidos en 1929.
O
poema foi traducido galego xunto cunha morea de idiomas: alemán,
búlgaro, catalán, checo, croata, danés, eslovaco, esloveno,
estonio, éuscaro, finés, francés, grego, húngaro, inglés,
irlandés, italiano, letón, lituano, maltés, holandés, polaco,
portugués, romanés e sueco.
No
acto, que rematará coa intervención de Pedro Sánchez, presidente
do goberno en funcións, realizarase unha lectura de poemas nas
linguas cooficiais de España e nos dos países do trío da
presidencia do Consello da Unión Europea (España - Bélxica -
Hungría), a cargo dos escritores Bernardo Atxaga, Estel Solé e
Manuel Rivas, máis o actor e director Juan Diego Botto.
Concerto
A palabra na música
No
marco desta celebración, o martes día 26 (propio Día Europeo das
Linguas) tamén organizarase a maiores unha actividade titulada A
palabra na música, unha velada de música e poesía. Nesta
ocasión, os autores que recitarán os poemas son Eduard Escoffet,
Pilar Adón, Leire Bilbao e Manuel Rivas. Mentres que a parte
musical estará a cargo dos artistas Sheila Blanco, Renaldo &
Clara, Izaro e Xoel López.
Día
Europeo das Linguas
O
Día Europeo das Linguas é unha iniciativa que naceu no ano 2001
para homenaxear, difundir e concienciar da diversidade lingüística
de Europa, un continente que ten 24 linguas oficiais e onde hai
arredor de 60 linguas rexionais ou minoritarias, ademais dos idiomas
procedentes doutras partes do mundo. Esta iniciativa busca “facer
visíbel a diversidade lingüística como unha ferramenta fundamental
para lograr unha maior comprensión intercultural e un elemento clave
do rico patrimonio cultural do noso continente”.
Este
día conmemorativo, instaurado pola Comisión Europea e o Consello de
Europa, celébrase todos os anos o 26 de setembro e representa a 800
millóns de cidadáns de 47 países. Na iniciativa participan
numerosas institucións e asociacións con intereses culturais e
lingüísticos, universidades e centros escolares.