A idade mÃnima para usar WhatsApp pasará de 13 a 16 anos
venres, 13 de abril do 2018
Normalmente ignoramos as condicións de servizo das
aplicacións que empregamos no noso dÃa a dÃa, pero estas teñen a súa
importancia, especialmente no que a responsabilidade legal se refire, de aà que
sorprenda bastante que dean conta que WhatsApp está a
preparar unha nova redacción dos seus termos de uso, que probablemente entrarÃa
en vigor o 25 de maio, e que mudarÃa a idade mÃnima para poder empregar
esta aplicación de mensaxerÃa.
Os termos de uso actuais de WhatsApp
recollen que os usuarios deben ter como mÃnimo 13 anos de idade (ou a idade
mÃnima requirida en cada paÃs) ou ter autorización dos proxenitores, pero o
novo texto indicarÃa que a idade mÃnima para empregar WhatsApp pasarÃa a ser de
16 anos, aÃnda que este tipo de limitacións resulta pouco relevante para o
usuario final, xa que non están establecidos mecanismos de verificación da
idade dos usuarios, aÃnda que iso poderÃa mudar no futuro no caso de que os
lexisladores obriguen a que se faga tal.