A incubadora do Clúster TIC, NodeHub, pecha o seu primeiro programa con éxito
martes, 1 de outubro do 2024
O pasado 25 de setembro a Cidade das TIC da Coruña acollÃa a clausura da primeira edición do NodeHub, o programa de incubación impulsado polo INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade) Emprende e o Clúster TIC Galicia. AsÃ, ao longo da xornada, na que se celebrou un DemoDay clustertic, os e as emprendedoras participantes tiveron a oportunidade de presentar os seus proxectos tecnolóxicos innovadores perante investidores e membros do ecosistema TIC galego co obxectivo de acadar o financiamento preciso para poder levar a cabo as súas propostas.
Logo das sesións pitching foi a quenda do xurado, composto por expertos en innovación, emprendemento e capital de risco para determinar os tres mellores proxectos do programa:
CertyChain, de Sara Chao, obtivo o primeiro premio. Trátase dunha aplicación baseada en blockchain para a sinatura e verificación de documentos dixitais, achegando seguridade e transparencia nos procesos legais e contractuais.
O segundo galardón foi para Vestigium Capital, de Juan Carlos Pérez, unha plataforma de xestión de fondos de investimento baseada en Intelixencia Artificial (IA) para optimizar a xestión financeira. Adrián Caridad, coa súa proposta ClaramenteTú, acadou o terceiro recoñecemento. O seu proxecto pretende axudar a nais e pais a educar aos seus fillos nunha xestión correcta e saudábel das súas emocións.
Para elixir gañadores o xurado tivo en conta o carácter innovador das diferentes propostas, a súa aplicación a diferentes sectores, a viabilidade técnica, o potencial de mercado ou a escalabilidade. Engadir que o equipo encargado de deliberar estaba composto por: Pablo Lombardero, analista de investimentos en Unirisco, Fany Suárez, subdirectora de Inversións e Startups do IGAPE, Roberto Touza, CEO de Startups.st, Daniel Prieto, socio fundador e general partner de Noso Capital, e Teresa Somoza, do Servizo de Promoción Cultural do Concello da Coruña.
Cómpre salientar outros proxectos presentados na xornada, é o caso de Etnobotanic, de Josefina Anllo Naveiras. Trátase dunha app que aborda o deterioro cognitivo empregando etnobotánica e realidade aumentada. Combina a tradición medicinal das plantas con tecnoloxÃa moderna para axudar ás persoas a xestionar mellor a súa saúde mental.
Orange Legal, de James Orange-Bromehead. É unha plataforma educativa para ensinar inglés xurÃdico a profesionais mediante autoestudo, mentorÃas e sesións grupais.
Drakkar Ship Tech, de Lara GarcÃa Yáñez. Propón un servizo integral de aprovisionamento a buques, que abrangue desde alimentos até repostos. No futuro aplicarase a iates, cruceiros e pesqueiros, integrando tecnoloxÃa e-commerce e loxÃstica personalizada.
Tallki, de Mónica Papp Paz. Presenta unha plataforma de creación de camisetas interactivas usando tecnoloxÃas emerxentes como realidade aumentada e outras experiencias inmersivas.
Livddans, de Laura Iglesias López. A súa idea consiste nunha web para entusiastas do baile que combina clases, contidos personalizados e IA que segmenta intereses individuais.
AGG by ArtGonuts, de Javier Toral Conde. Propón un proxecto para conectar a turistas con experiencias culturais locais a través de museos e outros activos culturais.
Vissiona, de Francisco Javier HolguÃn Santiago. Achega formación e consultorÃa en IA para pemes, axudándoas a implementar esta tecnoloxÃa nas súas operacións.
CT-Soil Project, de Carlos Otero EsmorÃs. Trátase dun proxecto biotecnolóxico que simplifica a transferencia de tecnoloxÃa a solucións agrÃcolas populares, axudando aos usuarios a mellorar a sostibilidade das súas prácticas.
Shuttle, de Jacobo DÃaz Lemus. Propón un software para xestionar e automatizar a creación de contido para influencers e creadores, utilizando Intelixencia Artificial para optimizar o seu traballo.
Human Hub, de Juan de Dios Barrios Lugo. Consiste nun hub educativo en liña para deseñar bootcamps de UX, UI e CX.
Tvastar Digital Hub, de Alfonso RodrÃguez Gómez. Ideou unha plataforma de xestión empresarial en liña para autónomos e microempresas, coa aplicación de IA. En resumo, o programa de incubación de Node Hub remata asà a súa primeira edición, con catorce startups e emprendedores participantes, que ao longo dos últimos catro meses recibiron o apoio, a formación e a mentorización necesarios para impulsar os seus proxectos.