A innovación galega centra un encontro virtual do Círculo de Empresarios

martes, 20 de xaneiro do 2026 S. P.

O Círculo de Empresarios de Galicia organiza a xornada Innovar en Galicia: Ideas que transforman empresas, un encontro en formato virtual en liña programado para o vindeiro luns, con horario de 10.00 a 11.00 horas. A cita, enmarcada no ciclo Dos + Uno Directos, pon o foco na importancia do espírito innovador a todos os niveis, unha cuestión de relevancia para todas as empresas, non só para as grandes tecnolóxicas.
“En Galicia, son moitas pemes, empresas familiares e proxectos emerxentes os que están a impulsar cambios grazas á colaboración, a creatividade e o uso intelixente dos recursos dispoñibles”, informa a organización da xornada, engadindo que “neste encontro os relatores compartirán coa audiencia unha conversa estratéxica práctica e próxima sobre temáticas clave, o seu presente e sobre todo o seu futuro”.
Falarase tamén de alianzas que potencian a innovación e de como poden as empresas tradicionais reinventarse.
Programa da xornada
Innovar en Galicia: Ideas que transforman empresas
10:00 h: Benvida institucional
10:05 h: Introdución
Moderador: Pablo López, Coordinador Foro Innovación e Tecnoloxía
10:10 h: Conversación Estratéxica
Mercedes Toscano, CFO e cofundadora de Minimelis
José Piñeiro, CEO Kiwi Atlántico
11:00 h: Conclusións e participación do público