A instalación inmersiva Hábitats poderá visitarse na Coruña
venres, 11 de abril do 2025
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o director xerente de Afundación, a Obra Social de Abanca, Pedro Otero, presentaron esta mañá a itinerancia da instalación inmersiva Hábitats. Natureza estendida, que abrirá as súas portas na sede de Afundación na Coruña o vindeiro dÃa 24 de abril.
A instalación que orixinalmente estaba dispoñible no Museo Centro Gaiás na Cidade da Cultura achégase a outras localidades galegas, sendo asà máis accesible á poboación, para poder asà vivir en primeira persoa unha aventura dixital centrada na biodiversidade do planeta.
O conselleiro de Cultura subliñou que se trata dun dos proxectos inmersivos de máis éxito dos realizados até hoxe en Galicia (superando os 11 mil visitantes), que coa súa chegada á cidade da Coruña confÃan en chegar a un público moito máis amplo; mentres que o director xerente de Afundación salientou que a nova exposición «nesta experiencia comprendemos, por exemplo, a necesidade de coidar a pluralidade de ecosistemas».
A instalación, distinguida polo Observatorio da Cultura como un dos mellores proxectos dixitais do ano en España, abrirá ao público o vindeiro 24 de abril e poderá visitarse ata o 13 de setembro. As entradas poden xa adquirirse a un prezo de 3,5 euros en Ataquilla. Estará aberta de luns a sábado (festivos incluÃdos) e haberá catro sesións de mañá e seis de tarde cada dÃa, cunha duración aproximada de 30 minutos cada unha.
EmpatÃa e respecto polo medio ambiente
Hábitats. Natureza estendida combina arte e tecnoloxÃa ao servizo dun relato para todos os públicos que promove a descuberta e a responsabilidade á hora de relacionarnos co medio ambiente. Poñer as lentes de realidade virtual permite viaxar polos cinco continentes, observar de preto e incluso tocar animais e plantas como axolotes, leoas, corais, acacias, focas e elefantes, entre outras moitas.
Deseñada polos irmáns Noela e Carlos Seijo, fundadores do estudo audiovisual galego Maxina, a experiencia recrea os ecosistemas de nove lugares do planeta empregando elementos de realidade virtual e aumentada. Esta tecnoloxÃa permite, coas lentes postas, ver en todo momento o mundo fÃsico ao redor e moverse de maneira segura polo espazo. Sobre esta realidade fÃsica, desprégase unha natureza dixital vibrante que se ilumina desde o interior para mostrarse á vez fermosa e vulnerable e espertar a empatÃa dos visitantes.