A liña LG StandbyME incorpora un altofalante sen fíos

venres, 8 de marzo do 2024 Marcus Fernández

LG está a anunciar o lanzamento global do LG StandbyME Speaker (modelo XT7S), un altofalante portátil que pode integrarse no soporte dos televisores da familia LG StandbyME ou empregarse de xeito independente.
Este interesante altofalante é apto para o seu uso en interiores e exteriores (ten resistencia IPX5 e unha batería con autonomía de até 16 horas de reprodución), promete grande calidade sonora a través do seu procesador α7 Gen 6 AI e os seus tweeters de 20 milímetros, é doado de transportar (só mide 326 x 87 x 78 milímetros e pesa 0,9 quilos), ten conectividade Bluetooth e xa pode adquirirse nos EE.UU. e Corea do Sur, prevéndose que chegue ao noso mercado en breve.

O altofalante pode integrarse no soporte dos televisores da liña LG StandbyME
O novo altofalante sen fíos de LG pode empregarse en exteriores grazas á conectividade Bluetooth

PUBLICIDADE